A Unión Deportiva Ourense logra superar ao Santa Teresita na Copa Deputación na tanda de penaltis.

O partido congregou a varios centenares de espectadores que se achegaron ata o campo das Eiroás para non perderse este encontro entre dous dos mellores equipos da Segunda Autonómica.

Unha primeira parte dominada totalmente polos unionistas supuxo que os de Antonio Dacosta adiantáranse no marcador con dous goles (Otero e Cristián Dacosta).

Na segunda metade, a relaxación dos unionistas fixo que os locais lograran empatar. O empuxe dos xogadores do Santa Teresita fixo posible que se rematara o partido con empate a dous e fora a sorte dos penaltis o que determinara ao gañador da eliminatoria.

{gallery}stories/futbol/201512_stateresitaudo{/gallery}

20 penaltis tiveron que lanzarse para coñecer ao cuartofinalista da Copa Deputación B.

Héctor paraba o décimo lanzamento, mentres que Fran Álvarez, con serenidade, lograba anotar o penalti que clasificaba á Unión Deportiva Ourense.