Unha mostra de carácter multidisciplinar que promoveu a obras de artistas verineses.
Na tarde do 23 de decembro, a praza do Concello de Verín acolleu a primeira edición da mostra “Ventás na rúa” organizada por José Antonio Quintas Firvida, dirixida por Kevin Lista e coa colaboración do Concello de Verín, Saudeter SLU e a D.O Monterrei.
Devandita mostra, de carácter multidisciplinar, tiña como obxectivo promover a arte verinesa. Busca amosar, dende o marco escollido por cada autor, o seu mundo artístico, xa sexan pinturas, fotografía, ou outras artes plásticas.
A exposición estaba composta por 25 obras de 10 artistas da vila: Leonardo Vidal, Fernando Barreira, Aurora López, Jorge Godás, Suso Godás, María Firvida, Marcos Álvarez, Andrea Rivera, Rosa Guerra e Carlos Folgoso. Algúns destes artistas xa levan unha vida cargada de obras, outros, comezan a dar os seus primeiros pasos nestes cabaletes situados na Praza do Concello.