No número 132 do Barrios Deportivo, o primeiro do ano, chega coa COB e o xadrez Aninovo como protagonistas; ademais de destacar a Copa Deputación de boxeo.

David Baltar logrou, 30 anos despois, facerse co XXXI torneo de xadrez de Aninovo nunha das edicións máis disputadas que se recordan.

O Ourense Provincia Termal (COB) disputa este domingo fronte o Cocinas.com un dos partidos máis importantes da tempada. Será ás 12 horas no Pazo Paco Paz.

 

O Pazo acolleu a Copa Deputación de boxeo con cinco combates, no que o dominio dos púxiles ourensáns foi a nota dominante.

En fútbol, Segunda Autonómica, UD Ourense e Arnoia enfróntanse nun partido entre dous equipos que loitan polo ascenso a Primeira Autonómica. O encontro, o domingo ás 16 horas no Couto. A UDO está ten no Arnoia como o equipo co que ten máis rivalidade.

En fútbol sala regresa a competición na Primeira División cos encontros Cidade As Burgas – Rubí (sábado, 17h Os Remedios) e o Gironella – Ourense Envialia. Haberá que esperar unha semana para ver en liza ao Sala Ourense Prolsport na Segunda División B.

O BTT está a ser protagonista cos deportistas do Club Ciclista Maceda, cinco dos cales representarán a Galicia está fin de semana en Torrelavega no Campionato de España de ciclocross.

Natación, wushu, voleibol, ximnasia e moito máis no número 132 do Barrios Deportivo.

Podes consultalo periódico online, aquí