A U.D. Ourense recibe ao Arnoia no que pode ser o partido máis importante da curta historia do club ourensán.

A Unión Deportiva Ourense recibe ao Atlético Arnoia no que pode ser o partido máis importante da curta historia do club ourensán.

O encontro dará comezo, no estadio do Couto, o domingo 10 a partir das 16 horas. O rival, Arnoia, é o actual líder no grupo 9 da Segunda Autonómica, mentres que a UD marcha na terceira praza con tres puntos menos.

Os enfrontamentos de Copa do ano pasado e o da primeira xornada deste ano, fan que haxa unha gran rivalidade entre os dous conxuntos.

A vitoria unionista suporía adiantar na clasificación aos pementeiros e, depende do resultado do Santa Teresita (xoga en Trives), situarse como líder. Unha derrota sería dar un paso atrás nunha escalada que levouno de estar a nove puntos do ascenso a tan só un.

UD feminino
A UD Ourense da 2ª Galega feminina xoga este domingo en Velle (12h) diante do  Rápido Pereiró.

MVP
Este venres no Café Graduado (As Lagoas) entregáronse os premios ao mellor xogador do equipo sénior masculino de novembro (Omar) e de decembro (Otero) e á mellor xogadora do equipo feminino do mes de novembro (María).