Este xoves 14 de xaneiro ás 20 horas.

 

O 14 de xaneiro, Adolfo Taboada Sanz, avogado xubilado e un dos maiores expertos en Heráldica de Galicia, impartira no salón de actos da Casa da Cultura de Verín a conferencia “Introducción a la Heráldica. La Heráldica de Verín”, organizada pola  Sociedade de Ciencias Aranzadi e o Colectivo A Ermida coa colaboración da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

Dita conferencia, que terá lugar ás 20:00 horas, busca achegar aos asistentes, dunha maneira introdutoria, ao mundo da heráldica co fin de coñecer os aspectos fundamentais do estudo dos escudos: os seus partes, a súa orixe, o seu significado xeral, etc.

Nesta xornada realizarase un percorrido sobre os escudos de Verín coa finalidade de que os asistentes coñecerán as liñaxes e grupos familiares tradicionais en Verín. Taboada Sanz, sobriño de Xesús Taboada Chivite, tamén explicará, detalladamente, o proceso normativo que regula a creación de novos escudos en concellos, outros organismos oficiais e particulares.