Voltarán abrir na última fin de semana de febreiro.
A rede museística de Allariz, composta polo Museo do Coiro, Museo da Moda e Museo Galego do Xoguete, pecha durante un mes para acometer, como é habitual nestas datas, labores de acondicionamento.
O peche comeza o luns, 11 de febreiro, e remata a última fin de semana de febreiro. Os museos volven a abrir as súas portas o día 25 de febreiro co seguinte horario: venres de 17:00h a 19:00h e sábados, domingos e festivos de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 19:00h.