A Unión Deportiva Ourense sitúase en postos de ascenso á Primeira Autonómica, por primeira vez na tempada, na primeira xornada da segunda volta.

O partido tiña lugar nunha tarde de sofá e manta e aínda así a grada do Couto encheuse de socios e abonados do club, dos xogadores da base e de máis de 200 entradas vendidas a afeccionados, na súa maioría de Arnoia.

E é que no terreo de xogo estaba a sensación do fútbol provincial (UD Ourense) e o líder da competición (Atlético Arnoia). A pesar de que o campo estaba impracticable, a emoción foi a nota dominante durante os 90 minutos.

Na primeira metade, a pesar de que o balón o tiña o conxunto local, eran os visitantes os que creaban máis perigo. De feito foron eles os que se adiantaron no marcador. Meleiro, no un contra un, batía a Samuel no minuto 35 do primeiro acto. O Arnoia tiña as ideas máis claras de como estaba o terreo de xogo e cargou o centro do campo con xogadores que superaban a Diego Soto e Omar.

{gallery}stories/futbol/20160110_udoarnoia{/gallery}

Pero se algo cambiou a UD de principios de tempada con esta é que non se rinde. Uns minutos despois o colexiado anula un gol de Omar cando o centrocampista entraba en posición legal; era o primeiro aviso. Foi no 42 cando de novo Omar bate ao porteiro, esta vez sí o deron como válido, a centro de Senén.

Na reanudación, os homes de Antonio Dacosta foron a polo partido e no 59 déronlle a volta ao electrónico. Ramón Dacosta botou unha falta e Xurxo cabeceou para introducilo esférico no fondo das mallas. Os unionistas adiantábanse para ledicia dos seus afeccionados.

Xa no tempo de desconto Jorge sentenciou co gol máis clasico da historia deste deporte. O dianteiro anota de cabeza a pase desde a banda de Julio Álvarez.

Segundos
Tres puntos que sitúan aos capitalinos na segunda posición con 40 puntos. Agora o novo líder é o Santa Teresita, cun punto máis ca UD, que venceu 1-4 ao Trives. Atlético Arnoia é terceiro cos mesmos puntos que o equipo do Couto (40); cuarto Amoeiro (37); quinto Arrabaldo (37) e sexto o Loñoá (36 puntos).
O partido entre Ribadavia e Cea suspendeuse pola chuvia.