É socióloga, enóloga, sumiller e unha das comunicadoras do mundo do viño máis recoñecidas en Europa
O C.R.D.O. Ribeiro presentou este martes a Cristina Alcalá, recoñecida profesional do mundo do viño a nivel nacional e internacional, como a nova xerente do organismo, nun acto tivo lugar esta mañá na sé do Consello Regulador, en Ribadavia, contando coa presenza do actual presidente en funcións, Felicísimo Pereira.
A elección de Cristina Alcalá foi tomada polo pleno do Consello, apostando así pola súa experiencia e coñecemento do sector, así como pola súa capacidade de liderazgo, comunicación e proactividad, a súa visión de futuro no deseño de estratexias, aptitude e empatía co sector produtivo e que dará prioridade aos procesos de calidade.
Máis de 18 anos vinculada ao sector vitivinícola
Cristina Alcalá é licenciada en Socioloxía e posgraduada en Técnicas de Investigación de Mercados, tamén realizou estudios de Dirección de Recursos Humanos. En relación coa súa formación no ámbito do sector do viño,ten un Master en Viticultura y Enología, e é Diplomada Sumiller polo Instituto de Formación Empresarial da Cámara de Comercio de Madrid.
Alcalá está vinculada ao sector vitivinícola dende fai 18 anos e ligada ao traballo como consultora en marketing, estratexias de promoción, comunicación, posicionamiento de marca, así como ao desenvolvemento e xestión de novos negocios e proxectos para empresas privadas e institucións públicas.
Foi directora de 5 Senses Wine e Opuswine. Dende o ano 2005 colaborou como experta en viños en Radio 1 de Radio Nacional de España; foi colaboradora especializada no xornal El País edición nacional coa columna de opinión “Nota de Cata”e artigos durante oito anos, así como directora do portal online sobre viños parasaber.com do Grupo Prisa. Así mesmo colaborou con revistas internacionais como a británica Decanter, a norteamericana Wine&Spirits e a chilena Vino&Más, así como o portal gastronómico nacional 7Caníbales.
Como catadora profesional é representante española no prestixioso concurso Decanter World Wine Awards dende o ano 2008 e xurado no Concours Mondial de Bruxelles, Grenaches du Monde, Bacchus, Tempranillos al Mundo… Foi membro do comité de cata da Guía de Vinos Gourmets durante oito años e formou parte da organización técnica de Premios Internacionales Iberwine en dez edicións. Foi directora técnica da Feria Internacional de Vinos Iberwine 2010 e formou parte do Comité Técnico de San Sebastián Gastronomika e do club de viños Wineissocial.