Será este mércores ás 20:30 horas.
Alexander Anistratov é coñecido non só en Rusia, coma mestre artesán, profesor de música e músico empregando os instrumentos da música celta para interpretar música folk e tradicional. As súas aparicións son frecuentes nos escenarios europeos espertando grande interese no público amante da música escocesa, irlandesa, sueca, bretoa e galega.
Desde 2005, cando fundou o seu obradoiro “Pipesland,” Alexander dedícase profesionalmente á fabricación de gaitas, así coma doutros instrumentos tradicionais de vento (coma frautas e low whistles). Na actualidade numerosos intérpretes de recoñecido prestixio empregan instrumentos fabricados no obradoiro Alexander Anistratov en Rusia e tamén noutros lugares coma O Reino Unido, Galicia, Alemaña, Bélxica, Letonia, España e Australia.