Os ourensáns xogan este venres ante un equipo que vén de vencer a Melilla, segundo clasificado.
O partido desta xornada, a número 18, nada terá que ver co da primeira volta. Dequelas os coruñeses chegaban cun calendario moi complicado e en Ourense sumaban a terceira derrota consecutiva noutros tantos partidos de Liga. Nesta ocasión chegan con sete vitorias nas últimas nove xornada e co subidón anímico que supón vencer a Melilla fai uns días.
Ademais o Leyma reforzouse con Tomas Hampl, xogador que provén do Lleida e que sumará centímetros na pintura. Intimidación e rápidez son cualidades deste xogador que axudará aos outros pívots (Beqa Burjanadze, Sergio Olmos e Gediminas Zyle).
Pola súa banda o Ourense Provincia Termal, despois da vitoria fronte Cocinas.com chega ao derbi con menos urxencias. Os homes de García de Vitoria buscarán un triunfo que se presenta, a priori, moi complicado de acadar.
Os herculinos quererán revancha despois do partido da primeira volta no que contaban con sumar a vitoria no Pazo, pero ésta quedou para os locais.
Nesta ocasión non haberá o morbo de ver a olmos e Agbelese coa súa loita particular, pero de seguro que o encontro non defrauda en canto a intensidade. Todos queren levarse o partido.