A Unión Deportiva Ourense visita ao Palmés coa mente posta en non tropezar e continuar en postos de ascenso.
O equipo dirixido por Antonio Dacosta chega con numerosas baixas, se ben é certo que o Palmés non lle anda atrás. Ata 11 poderían ser os xogadores visitantes os que se perdan o choque, por seis dos locais. O que pode facer que sexa un encontro moi disputado.
O encontro, da xornada número 19, está previsto para a tarde do domingo ás 16 horas no Cruceiro (Palmés). Desde o club local contan ter, se a climatoloxía o permite, unha boa entrada. Agardan que ademais dos afeccionados dos dous equipo, achéguense ata o Cruceiros xente de pobos cercanos a Palmés.
Segundo contra último
O partido, a priori, preséntase de forma desigual. A Unión vén de encaramarse a semana pasada a postos de ascenso, mentres que o Palmés é o pechacancelas. Mesmo nos obxectivos son diametralmente opostos; a UD ten a obriga de ascender e o seu rival busca unha salvación, que agora a ten complicada.
O Palmés chega nunha liña positiva que lle fixo non perder nas tres últimas xornada; o que non parece suficiente ante un equipo que chega sumando oito vitorias consecutivas.
O partido máis atractivo desta xornada na Segunda Autonómica é o que enfrontará ao Loñoá contra o Amoeiro. Unha derrota dalgún dos dous suporía alonxarse bastante dos postos de ascenso e, practicamente, decir adeus as posibilidades de subir de categoría. O Loñoá ocupa a sexta praza con 36 puntos e o Amoeiro é cuarto con 37.
A xornada
Nesta xornada o resto de enfrontamientos son o Caldelao – Trives; Santa Teresita – Velle; Arnoia – Pontedeva; Melias – Ribadavia; Cea – Coles; Barra de Miño – Arrabaldo e Leiro – Covadonga.