A Unión Deportiva Ourense vence a un correoso Loñoá (3-1) e se sitúa líder por primeira vez na tempada.
20 xornadas tiveron que pasar no grupo 9 da Segunda Autonómica para ver á UD Ourense no primeiro posto da clasificación. A vitoria dos unionistas e o empate do Santa Teresita ante o Amoeiro (0-0) propiciaron esta situación.
O partido no Couto comezou cun penalti fallado e cun gol en propia porta para locais. Cristian Dacosta fallou a pena máxima (o porteiro adivinoulle a dirección e o parou). Minutos despois é Tito Currás o que introduce o balón en propia porta para que os visitantes se adianten no marcador. Con 0-1 remataría a primeira metade.
O técnico da UD, Antonio Dacosta, buscou durante a primeira parte dar coa tecla para poder sacar o partido adiante. Variou aos xogadores de ubicación e mesmo fixo dous trocos nos primeiros 45 minutos. Diego Soto -lesionado- foi substituido por Julio Martínez e minutos despois Dacosta arrisca sacando do campo ao lateral Julio Álvarez -que estaba a realizar un gran partido- polo dianteiro Unai.
{gallery}stories/futbol/20160125_udolonoa{/gallery}
Pero foi na segunda metade cando se viu a unha UD Ourense máis volcada no campo rival. As substitucións sudecéronse e entraron Roberto Almeida (por Roberto Dacosta) e Adrián (por Cristian). O resultado non puido ser mellor.
Almeida, que xa avisara uns minutos antes logrou o gol do empate. O mediapunta driblou, con sangue fría, cun so movemento a cantos estaban no seu camiño para rematar e lograr o primeiro tanto.
Faltaba rematar a faena para darlle a volta ao marcador. E chegou o segundo gol. Adrián quedou só diante do porteiro e de vaselina lograba darlle a volta ao marcador (2-1). Ata o final había que contemporizar.
Unai, en banda dereita, era un pesadelo para a defensa rival e os seus centros sempres tiñan perigo. Nun deles, Xaco aproveitou o agasallo e de tiro raso lograba o definitivo 3-1.
Resto de xornada
Á UD favoreceulle o traspés do Santa Teresita ante o Amoeiro (0-0) e a derrota do Arnoia ante o Ribadavia (2-0). O outro equipo que se está a xogar o ascendo, o Arrabaldo, venceu con comodidade ao Cea (4-1).
Estes resultados fan que a UD Ourense sexa líder (46 puntos) seguido de Santa Teresita (45) en postos de ascenso. Terceiro é o Arnoia (43 puntos) os mesmos que Arrabaldo. Na cuarto e quinta posición o Amoeiro (39) e Loñoá (37).