Pide melloras urxentes no treito entre Ourense e o cruce de Cambeo para reducir os numerosos accidentes e eliminar os puntos perigosos.
Os impulsores desta Plataforma, ante a demanda en numerosas ocasións polos moitos afectados da perigosidade desta vía, reunironse o pasado venres no Concello de Coles para dar a coñecer os seus obxetivos e liñas de actuación.
Contaron coa presenza dos alcaldes dos Concellos afectados (Amoeiro, Coles, Vilamarín e A Peroxa), que amosaron o seu apoio a esta iniciativa, así como tamén representantes dos Centros Educativos de Cambeo e Malvedo, que loitaràn por unhas medidas xustas e necesarias para que unha das estradas máis perigosas de España, teña por fin solucións as demandas que se levan producido ao longo de xa moitos anos por responsables e poboación en xeral.
A impulsora e voceira desta Plataforma, Lara María Lòpez, vìctima dun grave sinistro en marzo de 2014, indicou os obxetivos a seguir, que se centrarán na solicitude de melloras na seguridade deste treito da estrada N-525, calificada por moitos, como “Cementerio de asfalto”,
Entre as melloras que piden atópase novo asfaltado drenante; instalación dunha mediana que separe os carris de dobre sentido para evitar os impactos fronto-laterais que son os que se cobran numerosas víctimas; e eliminación dos puntos conflitivos como son o cruce de Rivela, os accesos ao Colexio de Cambeo e a incorporación do tràfico pesado na circunvalación de Gustei.
Dende a Plataforma adiantan que estarán presentes en todo tipo de actos e reunións que teñan relación coa seguridade vial, colaborarán coas administracións para acadar estas demandas de mellora; e convidan a sumarse a eles ás diferentes asociacións de empresarios, veciños, deportivas, culturais, taxistas, transportistas, etc.
Lara María remata indicando “que as medidas de presión para acadar os nosos obxetivos serán civilizadas e pacíficas. Comenzaremos pola petición por escrito diante de Fomento das propostas acordadas, por reclamar a execucións dos orzamentos previstos nesta vía e continuaremos coas reunións para informar a toda a veciñanza nos concellos adheridos, valorando a opción dunha recollida masiva de sinaturas que plasmen por escrito o clamor que reclaman os usuarios desta vía”.