O presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, recibiu á xunta directiva da U.D. Ourense.
O presidente provincial re ubiuse co presidente da Unión Deportiva Ourense (UDO), Modesto García, e con membros da xunta directiva do club, acompañados polo asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González.
Na xuntanza presentáronlle ao presidente do goberno provincial o proxecto para a presente tempada, que inclúe a ampliación do club coa incorporación de catro equipos máis de fútbol de base e dunha sección feminina.
Asemade, expuxéronlle a Manuel Baltar a problemática pola que atravesa a UDO na actualidade por mor dos problemas para levar a cabo as sesións de adestramentos, e o presidente da Deputación brindoulles a colaboración e apoio da institución provincial para tentar atopar solucións ao tema das instalacións deportivas, tanto no que atinxe a melloras como ao tempo de que dispoñen para a súa utilización nos adestramentos.