Sábado e domingo serán os protagonistas.

Tralo Xoves de Comadres, en Maceda xa teñen todo preparado para celebrar os días centrais do Entroido. O sábado e o domingo os felos serán os protagonistas, percorrendo os pobos da serra.

Na tarde do sábado, ás 19 horas, terá lugar a «Baixada da Marela», que partirá do Bar Indio e acompañada da charanga BCB percorrerá as rúas da vila.

O luns 8 será o día dedicado aos cativos, con festa infantil na praza das Toldas, e o martes 9 haberá desfile de disfraces, con saída ás 17.30 horas da praza da Canteira. O Enterro do Entroido ás 20 horas do Mércores de Cinza porá o punto final a este carnaval, declarado de interese turístico galego.