Alberto Dantas Míguez foi condenado por unha falta de ameazas a un veciño da parroquia de Valongo ao tratar de impedir o seu libre exercicio de dereito ao voto nas eleccións municipais de maio.
O Partido Popular de Ourense, despois de ter coñecemento da sentencia xudicial que condena ao portavoz do PSOE en Cortegada, unha falta de ameazas a un veciño, esixe a dimisión deste edil socialista polo que considera un “feito gravísimo que atenta contra a liberdade democrática”.
A sentencia, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº1 de Ribadavia, condena a Alberto Dantas Míguez por ter oaccionado e ameazado a un veciño da parroquia de Valongo, ao tratar de impedir o libre exercicio do seu dereito ao voto nas pasadas eleccións municipais do 24 de maio. A sentencia acredita que o denunciado ameazou á parte denunciante dicíndolle na mesa electoral: “no te preocupes, cuando terminen las votaciones ya hablaremos”, en tono ameazante, para logo resultar perseguido o denunciante polo denunciado varios kilómetros en vehículo sendo grabado, “por lo que los hechos resultan incardinables en el tipo de la falta del artículo 620 del Código Penal”, tal e como recolle literalmente o análise dos feitos recollido na sentencia.
Os populares lémbranlle ao PSOE a súa práctica de esixir dimisións de cargos populares nas fases xudiciais de instrución, polo simple feito de estar investigados. “Agora, cunha sentencia que condena feitos de suma gravidade contra a liberdade democrática, se o edil socialista non dimite, o PSOE debería tomar medidas disciplinarias contra el”.