- Este evento ha pasado.
Teatro: «Amigos ata a morte»
17 marzo, 2016 @ 9:30 pm - 18 marzo, 2016 @ 11:00 pm
18€«Amigos ata a morte» é unha comedia sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que todos queremos para as nosas vidas, pero como é ben sabido se se mesturan moitas veces explotan?. Nacho, Anxo e María. Dous homes e unha muller? e claro, polo menos un par de historias de amor.
Eles son tres amigos, dous de toda a vida, tres amigos inseparables, ou se cadra non. Un xiro inesperado deixa patas para arriba a vida dos protagonistas, que terán que ver doutro xeito a súa amizade.
Que farías se a túa parella decidise deixarche? e se se marchase co teu mellor amigo? perdoarías aos dous, a ningún, só a un dos dous?? É mellor mentir á persoa que mais queres para evitar que o pase mal? É mellor sempre a verdade que a mentira? Unha ?verdade a medias? é unha mentira de dúas persoas? Poderías perdoar calquera cousa por amor? E por amizade? Que é máis forte, o amor ou o rancor? Que farías polo teu mellor amigo? E chegado o caso? que lle farías ao teu mellor amigo?
A obra está dirixida por Javier Veiga e protagonizada por Xosé Touriñán, Ledicia Sola e David Amor.
Sesións os días 17 e 18 de marzo. Entradas a 14 e 18 euros.