Jesús Vázquez confirmou este xoves que a empresa Linorsa procedeu ao pago da nómina de febreiro ás traballadoras que realizan a limpeza dos colexios públicos da cidade. “Hoxe a presidenta do comité nolo fixo saber”, explicou o alcalde na rolda de prensa trala Xunta de Goberno local. A empresa adebeda aínda 15 días de salario do mes de decembro.
Vázquez Abad tamén confirmou que ao Concello chegou esta semana unha orde de embargo dos pagos a Linorsa por débedas coa Axencia Tributaria de 1,4 millóns de euros. Seguirán realizando os pagos, “independentemente de a quen vaian”.
O rexedor explicou que desde o primeiro día en que o grupo de goberno tivo coñecemento do conflicto laboral en Linorsa tratou de mediar, pero salientou que se trata dun conflicto “entre unha empresa privada coas súas traballadora”. Jesús Vázquez entende que non se pode rescatar o servizo pois non se cumplen as condicións, “teríanque darse dous ou tres meses de impagos”. Por iso o Concello negocia con Linorsa para que ceda a realización do servizo a outra compañía nestes últimos meses que lle restan da concesión (ata xuño) e apura os trámites para sacar o novo prego da concesión da limpeza de centros públicos. A súa previsión é que se poida levar á Xunta de Goberno da vindeira semana para a súa aprobación.