12 puntos separan aos unionistas da terceira praza cando faltan 24 puntos por disputar.

A UD Ourense acaricia o ascenso

A Unión Deportiva Ourense deu un paso de xigante no seu obxectivo de subir de categoría. A vitoria en Pontedeva por 1-4 e os resultados dos perseguidores fixo que máis pronto que tarde celebren o ascenso.

Nun campo de dimensións reducidas, non chegaba aos 40 metros o ancho do mesmo, sacou adiante un encontro que non parecía sinxelo. Os unionistas adiantáronse no marcador cun gol de volea de Omar; o sol perxudicou ao cancerbeiro local que nada puido facer para repeler o esférico. Antes do descanso o Pontedeva empataba o encontro.

A segunda metade comezou cun equipo local con gañas de dar a sorpresa, pero unha galopada de Xaco con centro e remate de Otero daba ao traste coas intencións do Pontedeva; os xogadores reclamaban que o balón saíra pero o colexiado fixo oídos xordos. Logo chegaría o momento de Jorge. O dianteiro que facía poucos minutos que entrara no terreo de xogo lograba dous tantos máis para a UD, o segundo deles de moi boa factura.

Con esta vitoria a UD Ourense é primeira con 64 puntos; o Santa Teresita que empatou co Covadonga (3-3) é segundo; o Arnoia que fixo o propio co Cea (1-1) é terceiro a 12 puntos dos unionistas. O Loñoá e cuarto, quinto o Arrabaldo -e cun partido menos- e sexto Amoeiro.