O sábado 19 de marzo celébrase nas pistas do Campus de Ourense o Campionato de Galicia de 10.000 metros en pista

O Galego de 10.000 en pista, no Campus de Ourense

O sábado 19 de marzo as pistas de atletismo do Campus de Ourense acollen o Campionato de Galicia de 10.000 metros en pista.

Un ano máis a Federación Galega de Atletismo depositou a súa confianza no Club Deportivo Aurum para a organización deste evento, que estará englobado dentro do V Trofeo Club Deportivo Aurum.

En horario de tarde terá lugar este Campionato de Galicia ademais do provincial e de varias probas de promoción.

A primeira proba programada serán os 500 metros masculinos benxamín e alevín, para as 16 horas; ás 16:15 horas será o turno da carreira feiminina. Os 1.000 metros infantil e cadete disputaranse ás 16:30h a proba masculina e ás 16:45 a feminina.

Provincial
O Campionato provincial terá lugar ás cinco da tarde e estarán presentes algún dos mellores atletas ourensáns. En total serán 24 os atletas que participen nesta carreira.

Galego
A primeira proba do autonómico será a feminina. Ás 18 horas darase a saída desta carreira na que Barca Toba e Iria Fernández -ambas do ADAS O Barco- son as favoritas.
O colofón final a esta xornada atlética será a proba masculina. 25 voltas á corda da pista do Campus que darán comezo ás 19 horas para coñecer ao mellor atleta galego da distancia. Nesta ocasión dous ourensáns son os favoritos.  Rubén Diz e Iván Docampo loitarán por alzarse co título. Os dous tentarán baixar a súa mellor marca persoal na distancia. 21 atletas máis estarán na saída.

Alex Montero
O atleta ourensán do Ourense Atletismo, Alex Montero, buscará unha marca que lle permita participar nos vindeiro campionatos internacionais da distancia para discapacitados. Para elo, Montero contará cun atleta que lle axude a lograr o tempo esixido. Cristian Díaz será o que lle faga de lebre nos primeiros quilómetros.  O ourensán deberá baixar de 35 minutos e 30 segundos para acadar a mínima e poder ser seleccionado por España. A súa intención xa non é simplemente de lograr a mínima, ademais quere rebaixar o seu crono en menos de 35 minutos.