A Semana Santa bota a andar na capital da provincia este venres 18 co Viacrucis dos Mozos, que sae ás 20 horas da Catedral e percorre varias rúas da cidade.
Xa o domingo 20 , ás 11:15 dará comezo a Procesión de Ramos coa tradicional bendición no Parque San Lázaro e percorrido pola cidade. Ás 12 será misa na Catedral.
O mércores 23 será o momento da Misa Crismal, ás 19 horas na Igrexa de Santa Eufemia, presidida polo bispo de Ourense.
O Xoves Santo, os actos comezarán ás 10 da mañá co oficio de Lectura e Laudes na Catedral. Ás 16 horas será o momento da celebración “In Cena Domini” no asilo de San José; ás 17 horas na Inmaculada e RR. Escravas; ás 18 nas parroquias do Sagrado Corazón, María Auxiliadora, Carmelitas, As Caldas, Fátima e Asunción; ás 18:30 en Santo Domingo, Santísima Trinidad, San Pío X, Milagrosa e Santa Teresita; ás 19 horas nas Lagoas; e ás 19:30 en Santa Eufemia e Santa Anda do Pino.
Así mesmo, ás 17 horas terá lugar esta celebración na Catedral co lavatorio dos pés, presidida polo bispo ourensán; rematando coa procesión co Santísimo ao Monumento.
O Venres Santo tamén dará comezo co oficio de Lecturas e Laudes ás 10. Xa pola tarde, ás 15:30 horas terá lugar a celebración litúrxica da Paixón do Señor na parroquia de Santa Ana do Pino; ás 16 en RR. Escravas; ás 17, en Santa Trinidad, Inmaculada, Asunción, Caldas e Carmelitas; ás 17:30 na Milagrosa e Franciscanos; ás 18 na do Sagrado Corazón, Santa Teresita, María Auxiliadora, Fátima e Santa Eufemia; ás 18:30 en Santo Domingo, Vistahermosa, Cristo Rey e San Pío X.
Pola súa banda, a Catedral acollerá esta celebración ás 17 horas. E ás 20 horas terá lugar a procesión do Santo Enterro.
O Sábado Santo ás 7 da mañá terá lugar a Procesión da Soidade, con saída na igrexa da Santísima Trinidad, con viacrucis e sermón na Catedral para rematar na mesma igrexa de comezo.
Ás 10 haberá o tradicional oficio de Lecturas e Laudes.
E ás 21 horas a celebración da solemne Vixilia Pascual na Catedral, así como nas parroquias de Santo Domingo, Santa Eufemia, Santísima Trinidad, Sagrado Corazón , San Pío X, Santa Teresita, San José, PP Franciscanos, Asilo de San José, RR. Escravas e na Milagrosa.
Ás 22, será na parroquia da Inmaculada, María Auxiliadora e Fátima; ás 22:30 nas Caldas; e ás 23 na Asunción, Santa Ana do Pino, As Lagoas e Carmelitas.
Por último, o Domingo de Resurrección haberá procesión coa imaxe de Santa María Nai á Catedral ás 11:30 horas, seguida de misa ás 12 e procesión de regreso á súa igrexa titular ás 13 horas.
Celanova
O Domingo de Ramos comeza en Celanova co equinoccio na Capela de San Miguel ás 7:30 horas. Ás 12 será o turno da bendición dos ramos na praza do Millo, seguida de procesión e misa.
O Xoves Santo celébrase o mercado semanal e a Feira da Oportunidade. E ás 20:15 horas aberá celebración litúrxica da Cea do Señor, seguida ás 21:15 da adoración ante o Santísimo e ás 23 será a hora da xuventude.
O Venres Santo comezará as 12 horas coa escenificación do proceso civil e relixioso contra Xesús. Xa ás 18 horas será o turno da celebración da Paixón e ás 19:15, da Crucifixión; ás 19:45 será o desencravo e ás 20 horas a Procesión do Santo Enterro.
O Sábado Santo conmemórase a Vixilia Pascual ás 19 horas coas parroquias da contorna, seguida da misa de resurrección.
Xa o Domingo ás 12 será o momento da misa de Pascua.
Visitas guiadas e actividades infantís
Celanova amplía a súa oferta de visitas guiadas durante a Semana Santa (salvo o luns 21). Ao Mosteiro e á Capela Mozárabe poderase acceder ás 11, 12:30 e 16:30 horas; á Torre de Vilanova de 11 a 14 e de 16 a 29 horas (con opción de paseo pola Cova de San Vivián); e á Casa dos Poetas, martes, mércores e sábado de 11 a 13:30 e de 16 a 19 horas; e xoves e venres de 11 a 13:30.
Así mesmo, ofrece actividades para os cativos durante as vacacións escolares. Do luns 21 ao martes 29 haberá talleres “Ourense ICC Kids” na Aula CeMit de 16 a 19 horas; e os días 22 e 23, de 11 a 13 horas, ludoteca para nenos na Casa dos Poetas.