Os socios da Unión Deportiva Ourense elexiron a segunda equipación para as dúas vindeira tempadas.

A UD elixe segunda equipación

Foi en asamblea extraordinaria (55 socios estiveron presentes máis tres que delegaron o seu voto) onde se elexiu a segunda indumentaria da UD para os cursos 2016-17 e 2017-18. A máis votada foi unha equipación que a súa camiseta é de cor negra con líneas diagonias moi finas vermellas e azuis; o pantalón é negro cunha banda vermella nunha perna e na outra, azul e as medias son negras e na parte de arriba vermella (nunha media) e azul (na outra).

Logo
En canto ao logo tres eran as propostas. Ao ser tan poucos decidiuse votar a un dos tres ou elexir a opción de dar máis marxe de tempo para que chegaran novas propostas. Finalmente a maioría decidiu posponer a elección a outro momento. Agora ábrese un período para volver a recibir propostas do logo.

Adestradores
O presidente do club, Modesto García Puga anunciou durante a asamblea que xunta directiva do club decidiu renovar unha tempada máis aos adestradores dos equipos sénior. Así, Antonio Dacosta e Rubén García seguirán ao fronte dos equipos masculino e feminino, respectivamente.

Ribadavia
Para o partido fronte o Ribadavia cóntase que Antonio Dacosta xa esté no banco despois de varias semanas afastado do mesmo debido a unha operación sofrida.