Sábado 26 de marzo, 18 horas, cancha central dos Remedios. Final da Copa Xunta: Envialia - Cidade.

A Copa Xunta máis ourensá

A final feminina da Copa Xunta de fútbol sala disputarana Ourense Envialia e Cidade As Burgas o sábado 26 de marzo ás 18 horas nos Remedios.

Xa houbera outro antecedente de final ourensá entre os dous mesmo equipos. Fora na tempada 2012-13; nesa ocasión tivera lugar en Sarria; o vencedor, O Ponte Ourense (Ourense Envialia agora).

Duelo
Estos partidos teñen un compoñente con certo morbo. Os dous equipos elevan a rivalidade á máxima potencia. Pase o que pase na Liga, ocupen a posición que ocupen, cando están os dous equipos na mesma cancha son encontros distintos, especiais; e máis aínda cando hai un título en xogo. O Envialia xa coñece o que é alzar esta Copa, o Cidade soña con festexar algún día o título. Vencerá o que xa sabe que é gañala? Chegará a hora do que agarda ansioso un premio coma este?

Dous equipos e un destino. Un saboreará a gloria, outro lamera as feridas; e en medio, Ourense, que gozará orgullosa dos dous equipos, dos mellores de España. Con xogadoras das mellores de España, das mellores de Europa,… e do planeta Terra.

Entradas
Para esta ocasión as entradas para a final estarán a 5 euros e poderán adquirirse na cafetería do Pabellón dos Remedios ou nas oficinas do Ourense Club de Fútbol.