Durante a primeira fase das obras, o acceso a vehículos desde a avenida da Habana e desde a glorieta de Concepción Arenal quedará prohibido.

O luns 28 de marzo comezan as obras da rúa Concello

Este proxecto de urbanización foi adxudicado o pasado 31 de decembro de 2015 á UTE: Proyecón Galicia SA – Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa, SL, por un importe de 506.850 euros. Supuxo unha rebaixa do 33,84% con respecto ao prezo de licitación (766.124 euros).

Os traballos contemplados no “Proxecto de urbanización da rúa Concello” comezarán ás 9 horas, momento no que se procederá ao corte da rúa, que se manterá durante os seis meses de execución da obra.

Durante a primeira fase das obras, o acceso a vehículos á rúa Concello desde a avenida da Habana e desde a glorieta de Concepción Arenal quedará prohibido, habilitándose un paso para o tránsito dos peóns.

Nesta primera fase se procederá a dar acceso restrinxido a ambulancias, garaxes e carga e descarga desde Xoán XXIII polo que, exclusivamente para estes vehículos, a parte superior da rúa Concello terá dobre circulación durante esta primeira fase de execución.

Os cambios de fase na execución dos traballos e os cortes previstos en cada unha delas se notificarán con antelación suficiente co fin de minimizar as molestias ocasionadas a veciños, conductores e peóns que transitan por esta rúa da cidade.