Durante os vindeiros días 23,24,25 de marzo, celebrarase en Verín a 2ª Edición do Torneo de Fútbol Sala, organizado por Verín Futsal e o Concello de Verín, coa colaboración da Adega Tapias de Mariñan e a Deputación de Ourense.
Nesta edición participarán un total de 56 equipos (18 máis que o ano pasado), conformados -entre equipos e corpo técnico- por un total 700 persoas, procedentes de Castilla La Mancha, Galicia e Portugal.
Este torneo, único nas súas características na provincia, terá lugar en tres instalacións deportivas de Verín: o pavillón municipal, o complexo deportivo da Granxa e no colexio María Inmaculada e nel participarán rapaces dende prebenxamíns a xuvenís.