O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a licitación das obras de mellora de seguridade viaria en tres estradas dos concellos de Pobra de Trives, Vilamarín, Beade e San Cristovo de Cea mediante o investimento de máis de 710.000 euros. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, acompañada do alcalde de Cea, José Luis Valladares, visitou este luns a estrada OU-504, unha das vías na que o Goberno galego executará melloras.
Díaz Mouteira explicou que os traballos afectarán a un treito de 23 quilómetros -dende o remate da travesía de San Cristobo (Beade) ata a intersección coa N-525, en San Cristovo de Cea- e consistirán na reparación do firme co obxecto de mellorar a seguridade viaria desta estrada.
A Consellería de Infraestrutura e Vivenda inicia o proceso de contratación deste proxecto, coa publicación da licitación, e das outras actuacións incluídas no contrato. Este paquete de melloras de seguridade viaria inclúe, amais do treito da estrada visitada, a travesía da Poboa de Trives, na OU-536; e un treito de 3,1km, entre A Grela (San Cristovo de Cea) e San Martiño (Vilamarín), na OU-901.
A delegada territorial indicou que estes investimentos permiten que as estradas da Xunta de Galicia estean en óptimas condicións, incidindo na seguridade viaria e na comodidade na condución.