O Concello de Ourense reduciu a súa débeda financieira en 20,5 millóns de euros en dous anos, tras pasar dunha dédeba de 47,5 millóns de euros a finais do ano 2013, a 26,8 millóns ao remate do ano 2015. Así o indicará a liquidación dos orzamentos do exercicio económico de 2015 do Concello de Ourense, que ultiman durante estes días os técnicos municipais.
Os informes municipais tamén poñen de manifesto a boa evolución da débeda comercial, xa que se reduciu á metade o período medio de pago a provedores. O informe de Tesourería, presentado ao Pleno do presente mes de marzo, puxo de manifesto que o prazo medio de pago a provedores por parte do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes no último mes evaluado (xaneiro de 2016) se situou en 18,20 días. Este prazo supón a metade do rexistrado no mes de xuño de 2015 (37,04 euros).
Estes datos poñen de manifesto “a excelente saúde económica deste Concello”, asegura o alcalde de Ourense.
Información e colaboración institucional
O Concello de Ourense porá este datos a disposición do Ministerio de Facenda. Segundo se recolleu estes días nos medios de comunicación, o Ministerio ven de solicitar información a 4.618 municipios españois e á metade dos galegos sobre a súa situación económica.
No caso de Ourense, ainda non se reciubiu dita comunicación. Mais, o alcalde Jesús Vázquez asegura que “estaremos encantados de compartir toda a información, xa que porá de manifesto que nos estamos tomando en serio o tema e dando pasos adiante para facer de Ourense un Concello mellor xestionado e máis eficiente”.
O goberno municipal vincula esta anunciada demanda de información co feito de que, como consecuencia de que en 2014, a anterior corporación incumpliu o teito de gasto, polo que foi necesario elaborar un Plan económico financiero a dous anos 2015-2016 e “parece razoable que nos pregunten como se está levando a cabo” asegura o alcalde.
Durante estes días, a área económica del Concello está a pechar a liquidación do exercicio orzamentario de 2015 que, “estou seguro, pois así mo avanzan os nosos técnicos, que reflexará datos positivos para este Concello”.