Durante o mes de abril, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará cinco accións formativas para os usuarios interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e das novas tecnoloxías.
Realizaranse dous cursos de tratamento de textos nos que os participantes aprenderán a darlle un acabado profesional aos seus documentos mediante o uso dun procesador de textos. O primeiro curso terá lugar entre os días 4 e 13 de abril en horario de 16 a 18 horas; o segundo impartirase do 18 ao 27 de abril en horario de 18 a 20 horas.
Por outra banda, impartirase, do 4 ao 13 de abril (18 a 20 horas), un curso de procura na internet no que se ensinará aos usuarios a planificar unha procura e a utilizar as diversas ferramentas da Internet de forma eficaz. No ámbito da red de redes, impartirase tamén un curso de correo electrónico enfocado a optimizar os recursos que ofrecen este tipo de contas (do 18 ao 27 de abril en horario de 16 a 18 horas).
«Verín Hacklab»
No mes de maio, “Verín Hacklab” retoma ou seu laboratorio tecnolóxico. Coma sempre, as xornadas impartiranse, na Aula ceMIT da Casa da Xuventude do Concello de Verín, todos os venres do mes (en dous grupos de 15:15 a 18:15 horas e de 18:15 a 21:15 horas).
Ademais, impartirase o curso de “Kero Informática”, todos os xoves de 16:30 a 18 horas, no que aos nenos máis pequenos ensinaráselle cousas de informática a través de xoves educativos.
Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos e seminarios deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín, na web da Rede CeMIT ou solicitar máis información en cemit.verin@xunta.es.