O Grupo Municipal de Democracia Ourensana en Pereiro de Aguiar presentaba este venres no pleno do Concello de Pereiro de Aguiar unha moción solicitando medidas para mellorar a seguridade viaria en diferentes puntos do municipio, a cal foi aprobada co voto a favor de todos os grupos municipais. “Algo que queremos agradecer dende Democracia Ourensana polo apoio brindado a unha moción que a bo seguro fará moito máis segura a rede viaria do concello”, explicaron nun comunicado.
Os puntos sinalados na moción son a estrada OU-537, na zona situada entre o polígono de San Cibrao e o de Pereiro, solicitando a reducción da elocidade de 90 a 60 km/h e facilitando o acceso a xeriátricos e vivendas, e mellorando tamen a iluminación da zona; mellora da rotonda que une as estradas OU-536 e OU-0508, no concerniente a iluminación e sinalización; e a reorganización do tráfico na zona de A Derrasa e nos arredores do Colexio “Ben Cho Shey”.
O grupo de goberno do concello debería, agora, de contactar coas diferentes administracións competentes para levar a bo término o plantexado.