As Xuventudes Socialistas de Ourense celebraron este domingo 3 de abril, no Espazo Lusquiños da Mocidade, un coloquio sobre políticas de igualdade, saúde sexual e reprodutiva.
No acto contouse coa análise, dende o punto de vista da práctica sanitaria, do Xefe de Xinecoloxía do CHUOU José Luís Doval. Así coma, dende a experiencia política, do punto de vista da deputada autonómica Carmen Acuña, Portavoz de Igualdade do PSdG- PSOE no Parlamento Galego.
Ambos poñentes fixeron un completo repaso da situación actual da materia no noso país, e na nosa cidade: Dende a importancia da corresponsabilidade entre homes e mulleres á hora de fomentar que as prácticas sexuais sexan seguras, ata a necesidade de instaurar unha educación sexual de calidade nos centros educativos.