Este xoves 7 de abril ás 20:30 horas no local da asociación Andén Primeiro.

A asociación “Vía Vella” de Ponte Canedo organiza o certame poético “PonTesía16”

A asociación cívica e cultural “Vía Vella” de Ponte Canedo organiza o recital poético “PonTesía16”. Esta é a primeira edición deste recital, que nace con vocación de consolidarse con carácter anual. “PonTesía16” terá lugar no local da asociación Andén Primeiro, situado na Avda. de Marín, este xoves 7 de abril a partir das 20:30 horas.

Esta actividade contará coa participación de Carmen Blanco (escritora e feminista galega, autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santigo), Claudio Rodríguez Fer (escritor galego que cultiva a poesía, a narrativa, o teatro, o estudo, o ensaio e o guión para audiovisuais); e Olga Novo (poeta, ensaísta galega e profesora no IES Blanco Amor).

Xunto con estas figuras xa consagradas, recitarán tres estudantes do IES Blanco Amor: Ángela del Canto, Iago González (1º premio de poesía Minerva 2016 pola súa triloxía “Cosmogonía”) e Inés Outomuro (2º premio de poesía Minerva 2016 polo poemario “Orixe”).