- Este evento ha pasado.
MITEU: «Nadia»
16 abril, 2016 @ 8:30 pm - 9:10 pm
5€GRUPO NADIA / LA CONQUESTA DEL POL SUD
PROCEDENCIA AFGANISTÁN / CATALUNYA
ESPECTÁCULO NADIA
AUTOR NADIA GHULAM e CARLES FERNÁNDEZ GIUA
DIRECCIÓN CARLES FERNÁNDEZ GIUA
Nadia naceu hai 31 anos en Kabul no seo dunha familia de clase media. Os seus pais, el funcionario e ela ama de casa, tiveron cinco
fillos: catro nenas e un neno.
Vivíu a súa infancia nun país que sufría unha guerra desde 1978. Trala retirada das tropas soviéticas estourou a guerra civil
afgana. As hostilidades recruaron en Kabul e chegou o día en que unha bomba cambiou a vida de Nadia Ghulam e a súa familia
para sempre. En 1996, o Movemento Talibán tomou o poder do país e impuxo a interpretación radical das leis relixiosas
provocando unha regresión de séculos no país.
Nadia tiña 8 anos cando aquela bomba a feríu gravemente. Pero resistíu. Grazas a perseveranza da súa nai puido lidiar co
sufrimento, asumíu as secuelas e logrou sobre-vivir.
A historia de Nadia xerou o libro ‘O secreto do meu turbante’ e inspirou a película ‘Osama’.