O Centro de Maiores Afundación de Ourense acolle, por quinto ano consecutivo, un obradoiro sobre transporte, prevención e seguridade viaria os vindeiros días 12 e 27 de abril, ás 18.30 e 11.00 h, respectivamente, e 11 de maio ás 11.00 h.
«Os maiores activos e seguros» estará impartido por Dosinda Aguiar, traballadora do Departamento de Educación Viaria da DXT, principal órgano impulsor deste proxecto que se enmarca dentro da súa Estratexia para a Seguridade Viaria 2011-2020 en previsión dun incremento da presenza de poboación maior nas estradas nos vindeiros anos.
No obradoiro traballarase ao redor de tres temas principais: o peón, o condutor e o viaxeiro.
A modo de clausura, o 18 de maio ofrecerase unha charla aberta baixo o título «Os maiores e o tráfico».