A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, analizou co alcalde de Esgos, Mario Rodríguez González, unha serie de actuacións para mellorar o abastecemento deste concello da provincia de Ourense, co fin de completar o seu sistema de abastecemento.
A conselleira recordou que Augas de Galicia xa ten investido máis de 600.000 euros en varias actuacións en materia de saneamento e abastecemento neste concello, polo que analizará que actuacións melloran os sistemas e poñen valor a rede actual.