- Este evento ha pasado.
MITEU: «La cantante calva»
18 abril, 2016 @ 8:30 pm - 9:30 pm
3€GRUPO GRUPO DE TEATRO U.C.
PROCEDENCIA CANTABRIA
ESPECTÁCULO LA CANTANTE CALVA
AUTOR EUGÈNE IONESCO
DIRECCIÓN RITA COFIÑO
Surrealista no seu aspecto visual e verbal, ‘A cantante calva’, estreada en 1950, é unha especie de broma xuvenil, xa que o seu propio autor confesa que a súa orixe é unha burla dun método de aprendizaxe de idiomas para estranxeiros. Aínda que foi escrita hai máis de medio século, é unha obra de grande actualidade. Plantexada coma un ataque á pequena burguesía universal, á súa alienación e pérdida de identidade, á incomunicación, amósanos a vida cotián sen contido, as falsas aparencias, a sensación de inmobilidade no tempo que nos anguria, a falta de relación entre os seres humanos. Ao final da peza os personaxes son unicamente capaces de balbucir palabras sen sentido e esa incapacidade para a comunicación amósase a través da súa descomposición máis
absoluta nunha especie de danza da morte.