A Unión Deportiva Ourense co ascenso a Primeira e o título de 2ª Autonómica no peto buscará outros retos ata final de tempada. O máis ansiado, alzárse coa Copa Deputación.
Catro xornadas faltan para que remate a Liga e os unionistas teñen varios obxectivos por cumplir. Ao de lograr o maior número de vitorias nunha tempada na categoría únese o obxectivo de facer a Cristian Dacosta pichichi. O dianteiro leva 31 dianas; tras el Toni Carballo (Covadonga) con 27 tanto é o único que parece lle pode quitar a condición de máximo realizador a final de campaña.
Copa
Ademais destes retos a plantilla está conxurada para outro máis grande. Queren alzarse coa Copa Deputación; unha espina clavada desde que o ano pasado quedaran eliminados diante do Arnoia.
O pase ás seminifinais o teñen ben encauzado ao vencer ao Barra de Miño na ida dos cuartos de final por 0-2. O partido de volta terá lugar o 17 de maio no Couto. En caso de pasar esperaría o vencedor da eliminatoria entre o Leiro e o Cea (1-1 no partido de ida).
Leiro
Este domingo ás 17 horas a UDO recibe no Couto ao Leiro. Os do ribeiro son novenos con 37 puntos e teñen a categoría salvada.