Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Música: Paul Lewis

5 mayo, 2016 @ 8:30 pm - 10:00 pm

€5

Este xoves, 5 de maio, ás 20:30h, continúa o ciclo Enclave de Cámara no Teatro Principal de Ourense. É o momento para o recital de piano do británico Paul Lewis (Liverpool, 1972) cun programa que abordará a Schubert, Brahms e Liszt.

Paul Lewis está considerado como un dos pianistas máis importantes da súa xeración, as súas interpretacións da obra de Beethoven e Schibert foron recibidas con entusiasmo entre o público e a crítica de todo o mundo. Hoxe en día é un dos pianistas máis capaces, conscientes e equilibrados que existen no circuito, así como unha referencia xeracional en relación aos compositores románticos. A súa concepción poética da música é unha das características máis destacadas nas súas actuacións.

Nacido nunha familia de clase traballadora sen ningunha vinculación coa música, comezou tocando o violonchelo, xa que o seu colexio tan só podía proporcionarle clases dese instrumento, ata que ao 10 aos decantouse finalmente polo piano. O talentoso intérprete estudou con Ryszard Bakst en Chetham´s School of Music en Manchester e con Joan Havill na Guidhall School of Music and Drama, antes de pasar a formarse en privado con Alfred Brendel.

Actúa con frecuencia como solista xunto ás orquestas máis importantes do mundo. É invitado habitual nos festivales internacionais máis prestixiosos (Lucerna, Salzburgo, Tanglewood); e pasou por escenarios como o Carnegie Hall, o Theâtre des Champs Élysées ou o Royal Festival Hall. En 2010, foi o primeiro pianista en abordar un ciclo íntegro cos cinco concertos de piano de Beethoven, nunha soa tempada dos Proms da BBC, un dos festivales máis grandes do mundo. Un ano máis tarde, embarcouse no proxecto Schubert e o Piano: 1822-1828, no que interpretou as obras de madurez do compositor. Con este proxecto, Lewis percorreu os escenarios de Londres, Nova York, Chicago, Tokyo, Rotterdam, Florencia, Schwarzenberg e Madrid.

Ao longo da súa carreira, Lewis foi galardonado con numerosos premios como o Instrumentista do Ano da Royal Philharmonic Society; dous premios Edison; tres premios Gramophone; e o Diapason D´or, entre outros. En 2009 foi investido co Doutor Honoris Causa pola Universidade de Southampton. Co selo Harmonia mundi abordou obras de Mussorgsky e Schumann, as sonatas íntegras e concertos de Beethoven e todas as principais obras para piano de Schubert. O seu último disco aparecido en Harmonia mundi no mes de abril 2016 é o Concerto nº 1 para piano de Brahms coa Orquesta Sinfónica da Radio de Suecia, dirixida por Daniel Harding

Xunto a súa esposa, a violonchelista noruega Bjorg, Lewis é director artístico de Midsummer´s Music, festival de música de cámara que se celebra anualmente entre xuño e xullo en Buckinghamshire, Reino Unido. No mes de agosto pasado foi nomeado co Codirector Artístico do Leeds International Piano Competition en sustitución Dame Fanny Waterman, fundador do concurso en 1961.

Lewis, un dos pianistas con maior prestixio internacional chegará a Ourense tras participar co mesmo repertorio, o martes 3 de maio, na 21ª tempada do Ciclo de Grandes Intérpretes da Fundación Scherzo no Auditorio Nacional de Madrid onde xa participara en edicións anteriores como nos anos 2006, 2008 e 2011 tras debutar no primeiro Ciclo de Jóvenes Intérpretes no 2002.

As entradas (desde 5 euros) están á venda no Teatro Principal e en www.ataquilla.com

Detalles

Fecha:
5 mayo, 2016
Hora:
8:30 pm - 10:00 pm
Precio:
€5
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local