A vitoria do Envialia e o empate do Universidad de Alicante fai que as pupilas de Chipi teñan máis preto a súa presenza na Copa. Con 12 puntos por disputar as ourensás avantaxan en 5 puntos ás alacantinas.
Contra o Orvina apenas pasaron apuros e lograron unha cómoda vitoria por 6-3 con Paula Vázquez como testemuña de excepción. A presentadora será a partir de agora madriña do Ourense Envialia FSF. O rival do Envialia, a UA non puido pasar do empate (2-2) na casa do Rubí.
Cidade
O Cidade As Burgas certificou o descenso do Elche ao vencelo por 2-10. As de Manolo Codeso están comodamente instaladas na oitava praza con 38 puntos, empatados co sétimo, o Roldán.
Burela
O Burela asaltou á cancha do Futsi e sitúase como líder da clasificación. As lucenses son primeiras con 71 puntos en detrimento do Futsi que colócase segundo con 70 puntos.
Vindeira xornada
Esta fin de semana non haberá Liga por que a selección española disputa un Torneo Internacional en Rusia. Convocadas por España irán a xogadora do Envialia, Vanessa Barberá, e do Cidade Vanessa Sotelo e Iria Saeta. Saeta vai convocada por substitución da xogadora do Ferrol, Erika. Nun primeiro momento non estaba convocada.
Para a seguinte o Cidade recibe nos Remedios ao Gironella mentres que o Envialia xógase moitas das opcións copeiras na cancha do Universidad de Alicante.