Durante tres días disputouse este torneo que congregou a máis de 200 deportistas de todas as comunidades autónomas. Os ourensáns chegaban con serias opción de lograr algún podio. Finalmente foron catro pratas e un ouro.
Mercedes Fernández logrou a medalla de ouro na categoría B2 en dobres feminino facendo parella Pia Ane Sorensen. Fernández tamén logrou a prata en individual.
As outras medallas foron as pratas de Miriam Fernández facendo parella con Cristina Lamas en dobres B1; Miguel Ángel Quiroga, en C1 que foi segundo en dobres mixto con Gloria Latorre. E a última prata foi para Julio Fernández en super veterano plus.