A sede do Partido Popular de Allariz acolleu unha nova reunión do comité de voceiros, un órgano do partido deseñado para coñecer a actualidade e as necesidades dos concelleiros populares que lideran a oposición.
A voceira do PP no Concello de Allariz, Luz Doporto, trasladou aos membros da comisión, Rosendo Fernández e César Fernández, as cuestións máis importantes que afectan á vida municipal alaricana, pero tamén cuestións políticas que cobran agora maior peso tralos anuncios do novos procesos electorais nacional e autonómico.
Tras informar dos mecanismos postos en marcha polo partido para axudar e asesorar aos voceiros na oposición, Rosendo Fernández incidiu no ámbito político subliñando que as eleccións xerais de xuño e as galegas de outono “son dúas citas clave nas que nos xogamos o futuro fronte a formas de facer política sen proxecto, só pensando en que non goberne o PP”.
O comité de voceiros seguirá organizando novos encontros por toda a provincia ata completar o percorrido polos 27 concellos nos que os populares lideran a oposición municipal.