Maceda, Ourense e Allariz serán as tres sedes da terceira edición do Desafío 42.

O Desafío 42, os días 14 e 15 de maio

A III Edición do Desafío 42 Ourense Termal volve o fin de semana do 14 e 15 de maio. Este ano disputarase nas localidades de Maceda, Ourense e Allariz.

O evento, que xa conta con máis de 100 inscritos, ten aberta a inscrición ata o 10 de maio. A través da web www.championchipnorte.com, mediante transferencia bancaria ou de forma presencial en Serviocio Eiroás Ourense. Cada participante pode inscribirse nunha ou nas tres probas; ademais hai unha categoría por equipos mixta no que cada integrante deberá participar nunha das probas.

Etapas
O desafío arrincará ás 16.00 horas do sábado 14 de maio co 6 Km de Maceda. Continúa ese mesmo día en Ourense (15 km) a partir das 21 horas. E termina cun medio maratón de Allariz o domingo 15 de maio ás 10 horas.