A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde do Bolo, Manuel Corzo Macías, asinaron en Santiago o convenio de colaboración no que se establece que a Xunta achegará máis de 200.000 euros entre este ano e o próximo para remodelar a rúa do Centro.
A rúa Centro está situada no núcleo tradicional da localidade do Bolo, presenta un trazado irregular, con numerosos cambios no seu ancho, descorrendo na súa totalidade pola parte antiga do núcleo urbano da localidade e, en sentido centro-leste, hai unha pequena praza cunha fonte. As edificacións ás que da servizo son de carácter tradicional, con muros de mampostería de granito e cubertas de pizarra.
A pesar de que a rúa está asfaltada na súa totalidade, está moi deteriorada. As baixantes de pluviais das vivendas verten á rúa, non hai conexión á rede xeral de saneamento que non ten separativo de augas pluviais e fecais.
O obxecto da actuación é recuperar a totalidade da rúa, cunha lonxitude de 255 metros, e praza, polo que se actuará nunha superficie aproximada aos 1.500 metros cadrados. As obras consistirán na mellora da rede de saneamento e auga potable; na canalización de rede de electricidade e telecomunicacións e na execución de sumidoiros, pozos de rexistro e arquetas.
Plan hurbe
Este convenio inscríbese no Plan hurbe, que o Goberno galego puxo en marcha en 2010 cun triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas de Galicia; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial.