O presidente do CCA Ourense Norte, Jose María González; o representante de La Caixa, Javier Labrador; a presidenta de Apes, Raquel Crespo, e o director de Igaxes3, Carlos Rosón, en representación do Grupo Incorpora Galicia, asinaron un acordo de colaboración cuxo obxectivo é mellorar a situación persoas que se atopan desempregadas, fomentando a súa integración laboral.
A Asociación CCA Norte implicarase, colaborando con APES na inserción e formación das persoas atendidas no marco de Programa Incorpora que impulsa a obra social La Caixa.
Pola súa banda, APES como entidade Incorpora, informará e asesorará ás empresas asociadas a CCA Norte en materia contratación, poñendo á súa disposición a figura do técnico de inserción, peza crave de intermediación, entre as empresas e as persoas atendidas no mencionado Programa.
Incorpora ofrece ás empresas un servizo gratuíto de asesoramento e acompañamento en accións de responsabilidade social corporativa, neste caso centradas na integración laboral de persoas en situación de vulnerabilidade. O éxito de Incorpora, é o concepto innovador de traballo, que une a entidades sociais e tecido empresarial, creando unha rede empresas solidarias que facilitan a inserción laboral de persoas en risco ou situación de exclusión.