A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis de 134.000 euros en mellorar o abastecemento de auga nas Estivadas, no concello de Cualedro.
Así o acordaron a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Luciano Rivero, nunha xuntanza de traballo que se celebrou en Santiago.
Actualmente, o núcleo das Estivadas abastécese unicamente da auga que provén dun bombeo dun pozo profundo. Ademais, a distribución realízase mediante conducións antigas. Para solventalo, o proxecto define unha nova captación de auga e unha condución en tubaxe de polietileno ata o depósito das Estivadas, solucionando o problema de subministro de auga.