A Unión Deportiva Ourense vén de presentar a campaña de socios para a tempada 2016-17. Desde o club pretenden que co salto de categoría haxa un incremento no número de socios. Se neste ano a cifra superou por un pouco os 1.200 para o vindeiro curso espéran chegar aos 1.500.
Os prezos sofre un incremento pequeno de entre 5 e 10 euros dependendo do abono. Así, o carnet adulto pasa a 40 euros; o protector a 60 (con agasallo dunha camiseta do equipo); xubilados e maiores de 65 anos, 35; mozos (entre 16 e 25), 25 euros; desempregados, 20; menores de 16 anos, 2 euros; discapacitados (grao maior do 65%), gratis; familia (parella adulta, 65, fillo de 16 a 25 anos, 20 euros); colaboración co equipo feminino, 10 euros. Un convenio co Cidade As Burgas fai que os socio do club franxiverdes que se fagan socios dos unionistas contarán cun desconto do 25% no prezo do carnet.
No caso dos novos socios, estos deberán pagar 110 euros e levar dous anos de antigüidade como abonado do club. O prazo de renovación para os socios é ata o 31 de decembro deste ano.
Feminino
O equipo feminino xoga este domingo contra o Portonovo (segundo clasificado). En caso de vitoria, as de Rubén García asegurarían o ascenso.
Melias
O equipo sénior xogará este domingo en Melias (17:30 horas) o último partido de liga. Os de Antonio Dacosta, cos deberes feitos desde hai varias xornadas, buscarán sumar unha nova vitoria que os levaría a sumar 24 consecutivas. A pesar das innumerables baixas para este encontro os capitalinas tentarán continuar coa racha positiva.
Copa
Pero o que están esperando tanto xogadores como corpo técnico e directiva é a Copa. O martes 17 de maio recibirán no Couto (18 horas) ao Barra de Miño no partido de volta dos cuartos de final da Copa Deputación B. Os capitalinos traen unha renda de dous goles trala súa vitoria no partido de ida.