Celebrouse no Teatro Principal de Ourense a Gala do Deporte Galego na que se premiou aos mellores do ámbito deportivo autonómico na pasada tempada.
O Ourense Provincia Termal (COB) recibiu o premio ao mellor equipo galego tralo ascenso, na pista, á ACB en 2015.
Ademais, tamén recibiron a súa distinción o Club Ciclista Maceda pola súa fantástica campaña; e o ximnasta Daniel Pérez Morales tivo unha mención especial. En canto aos medios de comunicación o semanal ourensán +Deporte tamén foi galardoado.
Estes premios recoñecen publicamente aos máis destacados axentes do ámbito deportivo galego, decidindo o xurado sobre as 17 categorías ás que, este ano por vez primeira, se suma unha mención especial.