O 7º Festival Internacional de Xardíns de Allariz abriu xa as súas portas.

Festival Internacional de Xardíns de Allariz./P.L.

FIXA 2016

FIXA 2016

FIXA 2016

FIXA 2016

FIXA 2016

FIXA 2016

FIXA 2016

FIXA 2016

Festival Internacional de Xardíns de Allariz./P.L.

FIXA 2016

FIXA 2016

FIXA 2016

FIXA 2016

Como ven os paisaxistas os xardíns do futuro é a temática que enlaza as creacións presentes na sétima edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que se inaugurou o pasado 13 de maio. Os dez xardíns efémeros que concursan na edición 2016 expresan e aventuran as inquedanzas sobre o futuro das cidades e o papel clave que xogarán as zonas verdes urbanas. Foi o televisivo Xosé Manuel Piñeiro o encargado de presentar os participantes desta edición do festival, moitos dos cales estiveron presentes no acto de inauguración, que estivo amenizado por Circonove.

A parcela 1 ocúpaa a proposta Ecos-Oikos, Marina Jiménez, Julio Jiménez, Ana Jiménez e María de la O García, procedentes de Vigo e Valladolid. A parcela 2, “Soñando el futuro. Viviendo el presente”, das colombianas Melisa Ávila e Daniela Polo. A parcela 3, “Jardín de luz” é obra do barcelonés Xabier Pageo.

Na parcela 4 repite o xardín gañador do ano pasado, “A la IMAGINE de Allariz”, do paraguaio Gabriel Ayala. O xardín nº5 é “Rent a garden”, creado por Martina Kadnarova, Eva Robausch e Eva Pointner, de Austria. A parcela 6 está ocupada pola “Huerta cibernética” de Michalina Wójcikm de Alicante, e a número 7, “Terraformación”, é obra do galego José Souto.

A parcela número 8 está ocupada polo xardín que realiza cada ano o alumnado do colexio Padre Feijoo de Allariz. Na parcela 9 podemos ver “Better future”, dos paisaxistas brasileiros João Jadão, Juliana Freitas, Cid Carvalho, Ricardo Oliveira eVinicius Andrade.

A número 10, “Green cloud garden” recolle o deseño do equipo holandés formado por Martine Van Liet, Katarina Brandt, Floris Grondman, Baihe Cui, e Freek Loose. O xardín número 11 leva por nome “[RE]evolución” e é obra dos alaricanos María Susana Ribeiro e Jesús Pacheco; e finalmente na parcela 12 está o xardín “The futur is futurist? do estudio italiano composto por Lollo Decembrini, Ilaria Tabarini e Carlo Giannone.

Todos eles recibiron unha escultura conmemorativa desta sétima edición, así como o agradecemento do alcalde de Allariz, Francisco García, que tamén fixo extensivo aos traballadores municipais que fan realidade as súas creacións. Malia que algunha da planta aínda non floreceu, o rexedor agarda que, co sol que se prevé nestes días, os xardíns alcancen pronto o seu esplendor.

O alcalde tamén adiantou a temática da edición de 2007, “Xardíns da Memoria”, coa que se celebrará o 700º aniversario da Festa do Boi. O prazo para presentar candidaturas está aberto ata o 30 de novembro.

Historia

Inaugurado en 2010, o festival de Allariz é pioneiro na península, xunto co portugués de Ponte de Lima, constituíndo non só un encontro ineludible no eido do paisaxismo, senón unha grande aposta de desenvolvemento social e económico da localidade, pois por el pasan cada ano unhas 40.000 persoas.

O recinto do festival, 40.000 metros cadrados de auga, sons, cores e vexetación ao carón do río Arnoia, permanecerá aberto ata o 1 de novembro. Ata o 19 de xuño o horario de apertura será de luns a venres de 17 a 21 horas e fins de semana e festivos tamén de 11:30 a 14 horas. A entrada custa dous euros, sendo gratuíta para persoas coa tarxeta cidadá e menores de 12 anos, e custando un euro para pensionistas e grupos de máis de 10 persoas.