Os de Antonio Dacosta cederon un empate no último partido de liga no campo do Melias (3-3).

A Unión Deportiva Ourense pecha a competición doméstica rematando campión de Liga, con 86 puntos, e ascendendo a Primeira Autonómica. Agora toca pensar na Copa.

Ante o Melias chegaba a UD con moitas baixas, polo que o técnico tivo que recurrir a xogadores do equipo xuvenil para completar a convocatoria.

Os locais adiantaríanse no marcador nos primeiros intres de ncontro. Sería Brais antes do descanso o que devolvería o empate ao encontro.

Na segunda metade Julio Salgado, que levaba pouco tempo no campo, fixo o seu gol e adiantaba aos unionistas. O xuvenil Pedro lograba o terceiro dos visitantes cun disparo sen deixar baixar o balón.

Pero o Melias non desistiría e lograría recurtar distancias co segundo tanto e xa no tempo de desconto lograba o empate.

Un empate para rematar a Liga e que curta a  racha de 23 vitorias consecutivas.

Brais
O peor de todo foi a lesión de Brais. O xogador da UD tivo que ser trasladado a un centro médico antes de que rematara o encontro e debido a unha mala caída de cabeza e costas. O extremo sofriu unha lesión cervical.

Barra de Miño
Sen tempo para descansar toca pensar no Barra de Miño. O equipo que certificou o seu descenso a Terceira Autonómica enfróntase aos franxivermellos na volta dos cuartos de final da Copa Deputación B. Os unionistas levan unha vantaxe de 0-2. O encontro terá lugar este martes 17 de maio a partir das 18 horas no Couto.