O Partido Popular presentará dúas mocións no próximo pleno da Deputación de Ourense, unha sobre transporte e outra sobre a Festa do Boi. Na presentación das mocións do grupo popular participaron o coodinador do grupo provincial popular, Pablo Pérez; o voceiro do grupo municipal do PP no Concello do Carballiño, Argimiro Marnotes; o deputado Manuel Doval e a voceira popular en Allariz, Luz Doporto.
Pablo Pérez explicou que presentaron con adianto suficiente as moción para que poidan ser dictaminadas polas respectivas comisións.
Mellora do transporte
A primeira das iniciativas presentadas ten por obxecto instar á Xunta de Galicia e ao Goberno de España á mellora, con carácter inmediato, dos servizos públicos de transporte entre O Carballiño e a capital ourensá, aínda que tamén se solicita de modo xeral a revisión da situación das outras vilas máis poboadas da provincia. Marnotes afirmou que todos os grupos políticos con representación no Concello do Carballiño, ademais de toda a veciñanza, están unidos na demanda dun mellor transporte público.
Festa do Boi
A segunda das mocións que o grupo provincial popular presentará ao pleno pretende conseguir o apoio da Deputación á Festa do Boi de Allariz, por se tratar dunha tradición popular con forte arraigo histórico e que trascende a toda a provincia pola súa aportación á oferta turística e á cultura ourensá.