As persoas maiores de 60 anos que participaron no programa de axuda á dependencia do Concello de Ourense, celebran a fin do curso 2015-16 por todo o alto: cunha festa. Do 7 ao 9 de xuño próximos, os participantes están chamados a anotarse, como xa vén sendo tradicional, no recital de corais, a representación teatral e a clásica comida e baile.
O martes 7 de xuño terá lugar o recital de corais, que será ás 20:30 no Paraninfo do instituto Otero Pedraio coa participación das agrupacións Coral Gaudeamus e Mamuxos. Ao sía seguinte, o Teatro Principal acollerá a representación de ‘A enferma imaxinaria’ a cargo do grupo Aturuxo. Ambas actividades son gratuítas, con reserva previa.
O prato forte, nunca mellor dito, chagará o xoves 9 de xuño co encontro no restaurante A Carballeira de Santa Cruz. Desde as 14:30 horas, ‘comida dos maiores’ e, de 16:30 a 19:00 horas, baile. Haberá autobuses desde a Alameda (parte traseira) ás 13:45 para levar a todos os asistentes, con regreso a la terminación.
Polos 18 cursos de maiores organizados pola Concellería de Asuntos Sociais esta temporada pasaron 739 persoas, 577 delas mulleres e 162 homes. Repartíronse nun total de 38 clases (había actividades moi demandadas para as que se crearon grupos).
Recollida de invitacións
A recollida de invitacións ao teatro e reservas no restaurante comezará o vindeiro 27 de maio de 9 a 13 horas nas oficinas de Asuntos Sociais (Centro Cívico Colón), e será necesario presentar o volante de empadroamento das persoas que desexen asistir. Para ir á comida no restaurante “ A Carballeira de Sta. Cruz” é necesario. facer reserva previa: O prezo do menú é de 13 euros, que se pagará o mesmo día da comida no restaurante. É importante levar o importe xusto para axilizar a entrada no restaurante. Só se farán reservas ata o día 7 de xuño.